Galicia é verde e azul, natureza, mar e mil ríos. Pequenos Concellos con encanto lonxe do mundanal ruido das grandes urbes. A súa gastronomía e paisaxe, os seus costumes, festas e folclore fan desta terra un sitio distinto. Lendas milenarias, xente nobre e sinxela, apegada a súa terra, amábel de trato e sincera.
Aos nosos hóspedes facémoslles multiples recomendacións e achegámoslles nformación para que saquen o maior proveito a súa visita, con lugares que visitar, onde comer, que praias son mellores, onde mercar, onde perderse, que rutas de sendeirismo facer, que lugares con encanto visitar, facemos ese tipo de recomendacións de quen está apegado ao territorio que é o noso e queremos compartir contigo.
Qué visitar
A casa ten unha localización perfecta para visitar as Rías Baixas, os Concellos de Baiona e Nigrán, con excelentes praias como as de A Cuncheira, Os Frades, A Ladeira, América, Panxón e Patos. Todas están a escasos 25 minutos da Casa.
A Guarda coas súas praias de Area Grande, Fedorento, O Carreiro; ou as de auga doce e salgada da desembocadura do Río Miño: O Muiño, A Lamiña, A Armona.
As Illas Cíes, visita obrigada para os amantes da natureza, praias paradisíacas, natureza en estado puro, augas azul turquesa, vistas inigualables, un lugar único. Podemos embarbar dende Baiona e Vigo.
Depende de en que beira te atopes, portugués, galego. Unha comarca con encanto, Concellos ribeiregos Tui/Valença do Minho, Tomiño/Vila Nova de Cerveira, O Rosal, A Guarda/Caminha, Oia. Paisaxe, gastronomía, etnoloxía, patrimonio, festas e feiras configuran un espacio único para o ocio e o descanso. A raia húmida hoxe lugar de encontro, pontes e transbordador únennos.
Tui é punto de inicio do Camiño de Santiago Portugués a Santiago parte galega. A Ponte de ferro centenario sobre o Río Miño, é o punto de partida. Sete son as etapas que están programadas ata Santiago de Compostela, tres pódense facer perfectamente dende Tui: Tui-O Porriño (18,7 qm.) -con volta a Tui- e O Porriño- Redondela (15,2 qm.), Redondela-Pontevedra (18 qm.). Pola súa oferta en gastronomía, paisaxe, patrimonio e proximidade con Portugal, é ideal para usar como base e desprazarse a cada unha das etapas e dar valor ao Camiño na súa vertente de lecer e coñecemento.
Tui foi unha das antigas sete capitais do Reino de Galicia, o segundo Conxunto Histórico en importancia de Galicia. Rúas empedradas, escudos en fachadas, detalles na súa arquitectura do paso de diferentes culturas. A Catedral de Santa María, a Capela de San Telmo, Convento das Clarisas, Convento de San Domingos, Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, todo isto configura este único conxunto histórico.
Pasear polas beiras do Río Miño, coa súa vexetación de ribeira, gozar das súas praias fluviais, darse un paseo en barco nas súas tranquilas e limpas augas, son tamén un encanto.
Degustar a súa cociña tradicional con peixes de río, lamprea, o sábalo e o salmon, sen lugar a dúbida pratos únicos, todo isto regado cos exquisitos viños brancos galegos: Albariño, Condado, Godello, Ribeiro e os seus excelentes Tintos Mencías.
Primeiro parque natural declarado en Galicia, o seu enclave, vexetación, arborizado, fano único. De interés as súas variadas rutas de sendeirismo e as súas magníficas vistas.
En Galicia aínda é posible atopar algunha vila mariñeira, A Guarda sen lugar a dúbida é unha delas, o mar e a pesca sono todo, mantén o xenuino do mariñeiro, a súa xente e a súa economía depended a pesca, o seu ambiente de taberna, a súa gastronomía, o seu Mercado, todo o que se respira está trufado de mar…, a súa luz de poñente.
A Citania de Santa Tegra ten as súas orixes no S. IV a. C. e é unha das mellores mostras de Castros Celtas que se poden atopar en Galicia.
As vistas dende o Monte Santa Tegra do estuario do Río Miño e da Costa son únicas. Non perderse unha posta de sol sobre o inmenso Oceáno Atlántico.